Os elementos que necesitamos para crear unha rede sen cable na casa son un punto de aceso para conectar o encamiñador, e un dispositivo Wi-Fi para conectar ao ordenador.
Un punto de acceso é un dispositivo encargado de conectar dispositivos Wi-Fi para crear unha rede sen cables. Habitualmente, tamén se dispón dun conectador para rede con cable e permite conectar a rede sen cable coa rede de cables.
Moitos dos encamiñadores actuais xa levan incorporado o punto de acceso, e ofrecen tres servizos nun so equipo: rede sen cable, rede con cable en encamiñador para Internet.
No equipo encamiñador atópase a antena, que serve para as comunicacións sen cable; as catro conexións para a rede Ethernet (de cor amarela ), e finalmente, a conecxión de comunicación con Internet.
Para establecer comunicación co punto de acceso, o noso ordenador necesita un dispositivo Wi-Fi. Este dispositivo serve para recibir e emitir as ondas de radio que levan a información. Pódese conectar ao ordenador con tres elementos: tarxetas PCI, tarxetas PCMCIA e tarxetas USB.
PCI | -Serven para equipos de sobremesa que dispoñen desta conexión. -Son moi eficaces, xa que a súa funcionalidade é equiparable á dunha tarxeta de rede normal. -A única dificultade é que se ten que manipular no interior do ordenador. |
PCMACIA | - Destinados a equipos portátiles. -Foron as primeiras tarxetas que se crearon, xa que esta tecnoloxía estaba pensada para os equipos de alta mobilidade, como os portátiles. -As primeiras tarxetas PCI e PCMCIA cun adaptador a PCI. |
USB | -Destinadas tanto a equipos de sobremesa como portátiles, porque son moi sinxelas de conectar ao equipo. -Ao principio eran dispositivos moi grandes, pero actualmente a tecnoloxía creou dispositivos tan pequenos como os lapis USB. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario