miércoles, 27 de abril de 2011

A voz por IP


Grazas a Internet, desenvolvéronse novas tecnoloxías e novos servizos, pero tamén evolucionaron tecnoloxías xa existentes. É o caso da telefonía.

A voz sobre o protocolo de Internet, tamén coñecida como VoIP ou telefonía IP, é un conxunto de recursos que fan posibles que o sinal de voz viaxe a través de Internet.

Con estes recursos enviamos a voz en formato dixital por Internet en lugar de enviala mediante os circuítos de empresas telefónicas.

Esta é unha gran vantaxe para evitar o alto custo das chamadas, principalmente nas chamadas a longa distancia.

Cando se fai unha chamada VoIP entre dous usuarios en Internet, non se paga nada. Só se pada cando a chamada se fai a un número de teléfono fixo ou a un móbil. Deste xeito, un usuario de Nova York pode chamar a un amigo ou amiga a Barcelona de forma moi económica.

Actualmente, existen diversos protocolos que permiten este servizo. Uns son privados, como o caso de Skype, e outros son libres, como SIP ou Jingle. O problema é que non son compatibles: Un usuario do Skype non pode contactar con SIP.




O protocolo do Bluetooth

Bluetooth é un protocolo estándar de comunicacións de IEEE 802.15 para a transmisión de voz e datos sen cables entre dispositivos, mediante unha radio frecuencia segura e de alcance global.

Cando se comezaron a desenvolver os produtos Bluetooth de primeira xeración os seus destinatarios eran persoas dedicadas aos negocios que viaxan a miúdo.
Isto orixinaba unha serie de cuestións previas que había que solucionar:
  • O sistema debía operar en todo o mundo.
  • O emisor de radio tiña que consumir pouco enerxía, xa que debía ser integrado en equipos de batería.
  • A conexión debía soportar voz e datos e, polo tanto, aplicaciòns multimedia.
  • A tecnoloxía había de ser de baixo custo ( o obxectivo era chegar a só cinco dólares por dispositivo ).


Creación dunha rede doméstica sen cables.


Os elementos que necesitamos para crear unha rede sen cable na casa son un punto de aceso para conectar o encamiñador, e un dispositivo Wi-Fi para conectar ao ordenador.
Un punto de acceso é un dispositivo encargado de conectar dispositivos Wi-Fi para crear unha rede sen cables. Habitualmente, tamén se dispón dun conectador para rede con cable e permite conectar a rede sen cable coa rede de cables.
Moitos dos encamiñadores actuais xa levan incorporado o punto de acceso, e ofrecen tres servizos nun so equipo: rede sen cable, rede con cable en encamiñador para Internet.
No equipo encamiñador atópase a antena, que serve para as comunicacións sen cable; as catro conexións para a rede Ethernet (de cor amarela ), e finalmente, a conecxión de comunicación con Internet.
Para establecer comunicación co punto de acceso, o noso ordenador necesita un dispositivo Wi-Fi. Este dispositivo serve para recibir e emitir as ondas de radio que levan a información. Pódese conectar ao ordenador con tres elementos: tarxetas PCI, tarxetas PCMCIA e tarxetas USB.




PCI
-Serven para equipos de sobremesa que dispoñen desta conexión.
-Son moi eficaces, xa que a súa funcionalidade é equiparable á dunha tarxeta de rede normal.
-A única dificultade é que se ten que manipular no interior do ordenador.



PCMACIA
- Destinados a equipos portátiles.
-Foron as primeiras tarxetas que se crearon, xa que esta tecnoloxía estaba pensada para os equipos de alta mobilidade, como os portátiles.
-As primeiras tarxetas PCI e PCMCIA cun adaptador a PCI.
USB
-Destinadas tanto a equipos de sobremesa como portátiles, porque son moi sinxelas de conectar ao equipo.
-Ao principio eran dispositivos moi grandes, pero actualmente a tecnoloxía creou dispositivos tan pequenos como os lapis USB.


Transmisión de datos a través da luz


Os datos informáticos baséanse na numeración binaria. Na comunicación infravermella, esta numeración pódese entender ou codificar como 0, se non hai luz, e 1, se a hai.
O equipo emisor transforma os datos que hai que enviar nunha codificación de 0 e 1 para apagar ou acender o led. Este envía lampos de luz a determinada velocidade (acendida) ou interrompe a emisión (apagada). Cando o equipo receptor recibe a luz, transforma a secuencia dos lampos de luz en datos.
Así pois, podemos dicir que hai un cable virtual por onde pasan os datos dun elemento a outro. Este tipo de comunicación permite enviar os bits de información un detrás doutro chámase comunicación en serie. Por isto, é habitual configurar a conexión de infravermellos dos ordenadores como unha nova conexión de serie.



A fibra óptoca


Está formada por filamentos de vidro transparentes ( de cristal natural ou de plástico ) que poden ser tan finos como un cabelo humano e son capaces de transportar os paquetes de información como feixes de luz producidos por un láser . Pódense transmitir simultaneamente ata cen feixes de luz , cunha transmisión de ata 10 Gb/s por cada feixe, co que se consegue unha velocidade total de 10 Tb/s.



O encamiñador

Tamén denominado router en inglés, é un dispositivo destinado a interconectar diferentes redes entre si. Por exemplo, unha LAN cunha WAN ou con internet. Se por exemplo utilizamos un encamiñador para conectarnos a internet a través da tecnoloxía ADSL, aparte de conectar as dúas redes ( a nosa con internet ) o router tamén terá que traducir os paquetes de información da nosa rede ao protocolo de comunicacións que utiliza a tecnoloxía ADSL.



A tarxeta rede

Tamén denominada NIC (network interface card), é a interface que permite conectar o noso equipo á rede. Normalmente, instálase nas fendas de ampliación do noso equipo ou a través da conexión USB ( nalgunhas tarxetas sen cable).


As redes infomáticas

Unha rede informática constitúese por un conxunto de ordenadores e outros dispositivos, conectados por medios físicos ou sen cable, co obxectivo de compartir uns determinados recursos. Estes poden ser aparellos (hardware), como impresoras sistemas de almacenaxe, etc., ou programas (software), que inclúen aplicacións, arquivos, datos, cartafoles, etc.
Segundo as dimensións das redes, podémolas clasificar fundamentalmente en redes de área local ou LAN (local area network), que abrabgue áreas reducidas como pode ser unha oficina, un edificio e, mesmo, o teu instituto, e redes de área ampla ou WAN ( wide area network ), que abranguen áreas xeográficas maiores.
Segundo a relación que se establece entre os diferentes ordenadores da rede, podemos ter redes con servidores ou redes igualitarias. Nas redes con servidores, os recursos compartidos atópanse nun só ordenador ou nun número reducido de ordenadores, normalmente de de altas prestacións, denominado servidor. Estes servidores xestionan tanto o uso dos recursos como os permisos para utilizalos. Nas redes igualitarias todos os ordenadores que as integran poden compartir e utilizar os devanditos recursos.


Sistemas Operativos

 
O sistema operativo é o software encargado de xestionar de xeito transparente para o usuario de recursos do hardware, e comeza a executarse ao poñer en funcionamento o ordenador. O compoñente central ou núcleo do sistema operativo, denominado kernel, forma unha plataforma para que outros programas do sistema e o resto do software se poidan executar.


Clasificación dos sistemas operativos

Sistema operativo
Window
Vista
Windows
XP
MAC
OS X
Debian
GNU-Linux
Solaris
Creados
Microsoft
Microsoft
Apple
Debian
Sun
Ano de lanzamento
2007
2001
2001
1993
1989
Gratuíto
Non
Non
Non
Si
Si


martes, 26 de abril de 2011

.

Hola, son Rocío Alfeirán, alumna de cuarto da eso.
Neste blog falareivos sobre os traballos feitos en informática neste trimestre.